A feira celebrarase nunha carpa situada na alameda «Rosalía de Castro», que acollerá a 24 stands. Esta edición acolle aos sectores de téxtil, calzado, complementos, roupa e calzado infantil, decoración, agasallo, lencería, deportes, xoiería, óptica, telefonía e xoguetería.
O CCA Estrela de Marín, xa ten todo preparado para que a fin de semana (do 2 ao 4 de agosto) teña lugar a décimo terceira edición de «Saldomarín», un dos eventos con máis tradición do concello que pretende axudar aos comerciantes locais a liberar stocks a prezos que poden chegar ata ao 70% de desconto.
Por último e para estreitar lazos co Clube Baloncesto Marín Peixegalego e así axudar na súa campaña de captación de abonados «Buscando el oro», o equipo disporá dun stand nesta décimo terceira edición do salón de ocasión. A cambio o Centro Comercial Abierto Estrela de Marín disporá dunha entrada para todos os partidos que se xoguen na Raña e que se sorteará entre os nosos seguidores a través da nosa páxina de Facebook.
Ademais da actividade de venda temos un completo programa de actividades de dinamización e sorteos para os clientes.
Horarios feira:
Venres 2, sábado 3 de 11:00 a 14:30 e de 18:00 a 23:00 horas.
Domingo 4 de 11:00 a 14:30 e de 18:00 a 22:00 horas.
Ludoteca e obradoiros para @s máis cativ@s
Servizo de ludoteca gratuito, sempre que se presente algún dos vales que que se entregarán ao realizar compras en calquera dos stands participantes. Sen vale o prezo será dun 3€. Servizo ofrecido por A Illa d@s Nen@s.
Sorteo presencial dun móbil valorado en 500€
Domingo ás 20:00 horas. Cedido por Multiservicios Zero SL
Colaboran: Concello de Marín, Deputación de Pontevedra – Pontegal, La Caixa e Xunta de Galicia.