Campaña Estrela
O CCA ESTRELA DE MARÍN PON EN MARCHA A VIII EDICIÓN DA CAMPAÑA ESTRELA, NA CAL SE REPARTIRÁN 3.000 € EN VALES COMPRA.
Cos obxectivos de fomentar as compras nos establecementos asociados e de premiar a fidelidade dos clientes, poñemos en marcha, dende este mes de outubro e ata o 31 de xullo de 2017, a IX Edición da Campaña Estrela. A dinámica da campaña é moi sinxela. Repartiranse 100 tarxetas, con 3 recadros en branco por un lado e cun apartado para os datos do cliente polo outro, a cada establecemento participante. Nestes recadros, cada establecemento selará (unha única vez en cada tarxeta) no momento de realizar a compra ou o consumo por parte do cliente. Unha vez que o cliente complete a tarxeta cos tres selos e cos seus datos persoais, deberá depositala na urna sita na sede social para poder participar no sorteo. Nesta edición sortearanse 10 vales – compra por importe de 300 €, un cada mes, dende este outubro a xullo de 2017, vales que se canxearán nos tres establecementos que selen a tarxeta premiada, a razón de 100€ en cada un. Os sorteos efectuaranse os seguintes dias: 31 de outubro, 30 de novembro, 29 de decembro, 31 de xaneiro, 28 de febreiro, 31 de marzo, 28 de abril, 31 de maio, 30 de xuño e 31 de xullo. Os gañadores disporán dun mes para canxear o vale. – SORTEO OUTUBRO: José Luis Moledo Moreira (Pajarería Evaris, Joyería Muíños e Carnicería Manuel Ángel Posto 1064) ENTREGA DE VALE COMPRA OUTUBRO
|