Poñemos á túa disposición as diferentes axudas a empresas e a persoas emprendedoras no proceso de posta en marcha das vosas iniciativas empresariais, así como a implantación, e a mellora da competitividade ou crecemento. Aquí poderás atopar información en forma de incentivos e de financiamento sobre os posibles apoios que existen para o teu proxecto empresarial, con axudas axustadas ás necesidades reais das empresas sen importar a súa forma legal ou tamaño.
CONSULTA O SERVIZO DE TRAMITACIÓN DE AXUDAS E SUBVENCIÓNS
- IN417Y – Subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas. PRAZO: 17-01-25 / 25/06/25
- IN417Z – Subvencións para proxectos de mellora enerxética nas empresas – Programa Bono Enerxía Peme. PRAZO: 17-01-25 / 25/06/25
- IG402A – Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027 PRAZO: 21/01/25 – 17/11/25
- IG535A – Marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas (financiamento Igape-pemes) PRAZO: 21/01/25 – 30/09/25
- IG408M – IA360. Axudas para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante o uso da Intelixencia Artificial para o ano 2025, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU PRAZO: 22/01/25 – 22/10/25
- TR790A – Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas. PRAZO: 24/01/25 – 30/09/25. INFOGRAFÍA
- TR341Q – Bono das persoas traballadoras autónomas. PRAZO: 24/01/25 – 30/09/25. INFOGRAFÍA
- TR341R – Axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma. PRAZO: 24/01/25 – 30/09/25 INFOGRAFÍA
- TR349F – Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas PRAZO: 24/01/25 – 30/09/25. INFOGRAFÍA
- TR341D – Promoción do emprego autónomo das persoas traballadoras autónomas. PRAZO: 24/01/25 – 30/09/25. INFOGRAFÍA
- TR353D – Bono remuda das persoas traballadoras autónomas. PRAZO: 24/01/25 – 30/09/25. INFOGRAFÍA