Campaña San Valentín 19

Publicado el por

NESTE SAN VALENTÍN, MERCA EN MARÍN

Baixo este nome poñemos en marcha unha nova campaña de dinamización comercial, mediante a cal pretendemos incentivar as compras e fidelizar aos clientes sorteando: a) 5 packs compostos de 1 xamón e 1 estoxo de viño e b) 1 vale compra de 100€. Deste xeito pasámosvos a detallar en qué consiste. Entregaremos 100 papeletas e 1 cartel A3 para cada establecemento.

  1. As papeletas entregaranse aos clientes dende o 1  ao 18 de febreiro, que deberán cumplimentalas e depositalas nas urnas habilitadas para tal fin. Unha urna, ubicarase na sede social en horario de oficina e estará dispoñible tamén fóra deste horario xa que se ubicará na entrada da galería da rúa Real. Outra urna, colocarase na Praza de Abastos.
  2. Entre todas as papeletas sortearanse os 5 packs e o vale compra de 100€, o 18 de febreiro ás 13 horas.
  3. O vale compra consumirase no establecemento que outorgue o premio, por este motivo AS PAPELETAS QUE NON VEÑAN SELADAS NON PARTICIPARÁN NO SORTEO.
  4. A entrega de premios efectuarase o martes día 19 de febreiro ás 13 horas.

BASES

GAÑADORES