COMEZA O ANO CON BOA PATA 18-19

Publicado el por

Baixo este nome, dende o Centro Comercial Aberto Estrela de Marín poremos en marcha dende o 10 de decembro ao 10 de xaneiro, unha nova edición da campaña de dinamización comercial de nadal, cos obxectivos de incentivar o consumo e premiar a fidelidade dos clientes.

Deste xeito, cada establecemento asociado disporá dun cartel A2 e de 200 boletos que repartirá entre os seus clientes no momento da compra. Os boletos (estilo “tómbola”) agocharán multitude de premios directos (40 xamóns, 100 estoxos de viño, artigos de xoiería, agasallos para os máis cativos, vales desconto e 650 bolsas reutilizables) e no caso de que non se obtivese premio directo, poderase optar a gañar 1 vale compra de 100€, 2 vales compras de 50€ ou 5 xamóns, no sorteo que se efectuará o xoves 10 de xaneiro ás 13 horas.

Repartiranse en total máis de 30.000 boletos e premios valorados en máis de 5.000 €.

  • “TÍO VIVO”

Tralo êxito do ano pasado, dende Estrela de Marín colaboraremos coa instalación dun tiovivo que se ubicou na alameda.

  • “PAPÁ NOEL”

 O venres 14, no palco de música haberá unha recepción con Papá Noel, na que tod@s @s nen@s poderán entregarlle as súas cartas e falar con el. Desde a asociación, confeccionouse un modelo de carta para que poidades entregala aos nen@s dos vosos clientes. Estas cartas, poderán entregarse directamente a Papá Noel durante a recepción ou ben depositala no buzón que se ubicará na nosa sede social. Na medianoite do 24 de decembro, Papá Noel agasallará cunha cesta de xoguetes a/o nena/o cuxa carta se escolla do buzón.

Queremos agradecer a colaboración do Concello de Marín, de “La Caixa” e da Xunta de Galicia, na posta en marcha da campaña.

BASES

CARTA PAPÁ NOEL