BASES SORTEO PRESENCIAL «STOCK MARÍN FEBREIRO 2025» DOMINGO 9 DE FEBREIRO ÁS 17.30
Coa finalidade de premiar a fidelidade dos clientes que realicen algunha compra, nos establecementos que participan na acción, celebraremos un sorteo presencial de 1000€. Desde xeito a persoa gañadora disporá de 9 vales de 100€, para canxear nos stands participantes nesta promoción (a razón de 100€ por stand) e dun vale de 100€ a maiores que se consumirá no stand que sele a papeleta premiada. O gasto efectuarase durante a feira de stocks. Dos vales compra non se devolverá cambio.
Polas compras efectuadas, os clientes recibirán un flyer A5 que contén un espazo que deberán recurtar e cumplimentar cos datos requeridos (nome completo, dni, idade, PVP da compra efectuada e o selo de establecemento onde se fixo a compra). Para participar no sorteo e optar ao premio dos 1.000€ en vales compra, deberase depositar a papeleta na urna que se habilitará para tal fin no stand do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín e estar presente na carpa o domingo ás 17.30. Iranse extraendo papeletas, ata que apareza un/unha gañador/gañadora. A persoa gañadora, deberase acreditar co seu DNI (ou documento análogo). Só serán válidas as papeletas que veñan debidamente cumplimentadas e seladas por algún dos 9 stands participantes na promoción.
Ademais, 10.000 domicilios da vila recibirán nos seus buzóns un flyer co que tamén poderán participar no sorteo, se realizan os pasos anteriormente descritos.
ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES NO SORTEO: Acolá Trend, Delirious, El Armario de Alia, El Rincón de Niky, Five Sport, Inés Marcos, Librería Espacio Lector Nobel, Orballo da Ponte e Paíno & Maína.
- ESTRELA DE MARÍN non se fará cargo dos impostos derivados da entrega dos premios, salvo aqueles que por lei lle correspondan satisfacer, e, no seu caso, practicará o ingreso a conta ou a retención que poida corresponderlle en virtude da lexislación aplicable. De conformidade coa normativa do IRPF os premios desta promoción estarán suxeitos á normativa fiscal en vigor en cada momento, actualmente a Lei 35/2006, de 28 de novembro do IRPF e o Real Decreto 439/2007, de 30 de marzo polo que se aproba o Regulamento do IRPF. Neste marco legal, establécese que os premios derivados da participación en xogos, concursos, rifas, ou combinacións ao azar vencelladas á venda e promoción de bens e servizos están suxeitos ao ingreso a conta sempre e cando a base de retención ou ingreso á conta do premios sexa superior a 300 €.
- ESTRELA DE MARÍN queda relevado de calquera responsabilidade relativa ás obrigas fiscais que para o agraciado puideran derivarse da obtención do premio.
- TRATAMENTO DOS DATOS DE CARACTER PERSOAL
- A efectos de dar cumprimento ao REGULAMENTO (UE) 2016/679 RGPD, informa de que os datos proporcionados polos participantes na campaña poderán serán incorporados a un fichero automatizado, denominado PROMOCIONES CAMPANAS Y SORTEOS responsabilidade da entidade, coa finalidade de xestionar a súa participación na presente promoción así como poder informarlle por calquera medio sobre produtos, promocións ou servizos, así como para o uso interno dos mesmos e o envio de comunicacións relativos aos aspectos anteriores. Os participantes poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade, limitación ou oposición, revocación do consentemento prestado asi como reclamar ante AEPD. ESTRELA DE MARÍN adoptará as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade e integridade dos datos, así como para evitar a súa alteración, pérdida, tratamento ou acceso non autorizado.
- CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE
- Os gañadores desta promoción autorizan a ESTRELA DE MARÍN a eproducir, utilizar e difundir o seu nome, apelidos, enderezo e imaxe en calquera actividade publicitaria e/ou promocional que esté relacionada con esta promoción, todo elo en calquera medio e sen que ditas actividades lles confira dereito de remuneración ou beneficio algún coa excepción feita da entrega do premio gañado conforme a estas bases. A cesión inclúe todos os dereitos de reproducción, transformación, distribución e comunicación pública da grabación ou imaxes captadas, sen limitación de tempo nin territorio.
- ACEPTACIÓN DAS BASES
- A participación na presente promoción supón a aceptación integra das presentes bases e a sumisión expresa das decisións interpretativas que das mesmas efectúe ESTRELA DE MARÍN. No caso de diverxencia entre os participantes na promoción e a interpretación das presentes bases por ESTRELA DE MARÍN, serán competentes para coñecer dos litíxios que poidan plantexarse os Xulgados e Tribunais de Marín, renunciando expresamente os participantes desta promoción ao seu propio foro, de resultar distinto ao aquí pactado. En Marín a 20 de xaneiro de 2025.