VI STOCK MARÍN

Publicado el por

Coincidindo coa clásica tempada de rebaixas de verán, poremos en marcha, coa colaboración do Concello, na Alameda, do 2 ao 4 de agosto, a VI Edición de Stock Marín. Este evento, que vén a sustituir ao xa clásico Saldomarín, posibilita aos participantes darlle saída aos stocks que se van acumulando durante o ano nos seus establecementos, stocks que en moitos casos non poden almacenar debido as limitacións de espacio co que contan.
Instalaranse 22 carpas individuais: 19 de 5*5m e 3 de 3*3m, das cales a totalidade correspóndense con negocios da vila. Estes establecementos ofrecerán a uns prezos extraordinarios (descontos desde o 60%) productos relacionados cos seguintes sectores: Moda home – muller, moda infantil, lencería, complementos do fogar, calzado, calzado infantil, deportes, bisutería, informática, alimentación, papelería, material escolar e xoguetería. O horario do evento será de 11 a 14.00 e de 18 a 22 e a entrada será gratuíta. Consideramos que nestes momentos, este evento é unha boa ferramenta para poder darlle saída aos stocks acumulados por mor da actual situación económica e do retraemento do consumo.
Ademais, coa finalidade de premiar as compras que se efectúen durante o evento levarán un regalo promocional, consistente nun parasol, que se serigrafía cos logos da Xunta de Galicia, do Comercio do Morrazo e do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín e de bolsas reutilizables.

Os establecementos participantes nesta VI edición do Stock Marín son: A Mi Love, Acolá, Alma Libre, Bambino, Beep, Bolboreta, Calzados Inés Marcos, Carmencitas, Ché-b-re, Delirious?, Deportes Xesta, El Armario de Alia, El Rincón de Niky, Espazo Lector Nobel, Five Sport, Inés & Marcos, Paíno & Maína, Servilar Decoración, Tamara Onlinee, Tamara Piel, Toscana Store e Varita Mágica.

O evento conta coa confinanciación da Xunta de Galicia.