Ti es a nosa Estrela do Nadal 2023
O 5 DE DECEMBRO COMEZA A CAMPAÑA DE NADAL 2023 NO MORRAZO CON MÁIS DE 15.000 EUROS EN PREMIOS
A campaña estará activa ata o 7 de xaneiro e entregará máis de 15.000€ repartidos en máis de 1.000 premios en tarxetas regalo, cheques compra, premios en especie e centos de premios dos propios establecementos para os clientes do comercio local.
Este ano a campaña volve levarse a cabo en Bueu, Cangas, Moaña e Marín, no que supón a cuarta acción de nadal, conxunta con Fecimo, froito do acordo asinado entre ambas entidades.
Un ano máis, o comercio do Morrazo celebra a súa tradicional campaña de Nadal que, ademais de repartir a maior cantidade de premios dos últimos anos (máis de 15.000€) entre aqueles que confían no comercio de proximidade nestas datas festivas, expande o seu alcance a nosa vila de Marín, completando un Nadal cheo de regalos no comercio local. A organización corre a cargo de FECIMO – Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo a través das asociacións locais de cada localidade participantes, entre as que se atopa Estrela de Marín, e conta coa colaboración da Xunta de Galicia – a través da Dirección Xeral de Comercio.
Esta campaña conta coa participación de mais de 300 empresas, integradas nos Centros Comerciais Abertos locais de BUEU, CANGAS, MOAÑA e MARÍN, de diversos sectores e actividades (na súa maioría comercio, pero tamén hostalaría, saúde e beleza, etc.), e que repartirán sorte entre a clientela local nunha campaña moi especial.
“TI ES A NOSA ESTRELA DE NADAL”, con este slogan lanzamos unha clara mensaxe dirixida a reforzar a idea de que nestas datas os mais importantes son aqueles clientes que se achegan a mercar ao comercio de proximidade e é gracias a eles que o comercio continúa enchendo de luz e de cor as rúas das nosas vilas.
FUNCIONAMENTO DA CAMPAÑA
A campaña máis tradicional do comercio local, conta cun moderno e sinxelo sistema de participación que garante que todos os premios se repartan entre as persoas participantes na campaña, e que sexa doado o contacto cos/as premiados/as, sabendo no momento o establecemento que deu o premio.
A participación, realizarase a través duns códigos alfanuméricos que se deben rexistrar na dirección web: www.comerciodomorrazo.com para saber no instante se hai premio ou non, e se non ten premio instantáneo, participar no sorteo de premios, aportados polas Asociacións e tamén polos establecementos.
CAMPAÑA EN MARÍN
Estrela de Marín, porá en circulación 50.000 boletos con códigos nas tendas da vila, que se poderán conseguir coas compras realizadas a partir do martes día 5 de decembro de 2032, día no que se abrirá tamén a web coa imaxe da campaña e que estará vixente ata o día 7 de xaneiro de 2024.
Coma sempre, a clientela poderá acceder ao sistema dende o ordenador, así como a través do móbil ou tableta. Para quen non estea familiarizado con este sistema, prestarase a axuda necesaria desde as oficinas da federación.
PREMIOS
En Marín, repartiranse preto de 10.000 euros en premios. Os premios materialízanse, entre outros, en lotes de nadal compostos de xamón, chourizo e queixo (nesta acción colabora o Concello de Marín) cheques-compra, descontos e diversos premios para utilizar exclusivamente nas empresas participantes e no prazo dun mes dende a finalización da campaña.
O obxectivo é que este ano sexan premiados un número todavía maior de veciños e veciñas que en campañas anteriores, e para isto a organización estableceu premios directos, consistentes en vales compra e lotes de nadal. A organización continúa con este reparto de premios tralo éxito acadado na pasada edición onde foi moi ben recibido o aumento do número de gañadores en tódalas vilas.
A maiores, os establecementos participantes tamén premiarán aos clientes con “PREMIOS PROPIOS” incluídos no mesmo sistema de sorteo da campaña. Deste xeito, as persoas participantes na campaña terán moitas máis posibilidades de acadar premios polas súas compras. En Marín, haberá máis de 500 premios aportados polos establecementos, cos que se pretende premiar e agradecer a fidelidade.
As entidades organizadoras decidiron que este ano as persoas premiadas recibirán os premios nos mesmos establecementos comerciais onde se lles entregue o boleto que resulte premiado, fortalecendo deste xeito os lazos entre cliente e comerciante.
SORTEO FINAL PRESENCIAL
Paralelamente ao rexistro dos códigos, os clientes da vila de Marín, poderán rexistrar no mesmo periodo de tempo, os seus tickets de compra por importe igual ou superior aos 10€ no formulario habilitado para tal fin, na web https://www.estrelademarin.gal/sorteo-nadal-23/
Deste xeito, poderán participar no sorteo presencial di fin de campaña, que se celebrará o domingo 14 de xaneiro ás 18 horas, no palco da música da alameda “Rosalía de Castro”, no cal a persoa que resulte gañadora, obterá un premio de 1.000€ en tarxetas regalo do Comercio do Morrazo.