Inicio

Publicado el por

O comercio de Marín, máis preto ca nunca

Descubre campañas, promocións, establecementos asociados e todas as iniciativas de Estrela de Marín. Compra no comercio local, participa e goza das vantaxes de formar parte da nosa comunidade.

Volta ao Cole Estrela 2026

Campañas activas

DO 1 AO 17 DE SETEMBRO

Volta ao Cole Estrela 2026

As túas compras no comercio local poden ter premio. Rexistra os teus tickets na App ou na web de Comercio de Marín e participa no sorteo de 300 € en tarxetas regalo.

A campaña culminará cunha gran festa o 11 de setembro na Alameda Rosalía de Castro e no Parque Eguren, con actividades para toda a familia.

Leva o comercio de Marín no teu móbil

Coa App Comercio de Marín podes descubrir establecementos, consultar promocións, participar nas campañas e levar sempre contigo a túa tarxeta de fidelización.

  • Consulta os comercios adheridos
  • Participa nas campañas activas
  • Rexistra os teus tickets
  • Consulta promocións e vantaxes
  • Recibe avisos das iniciativas do comercio local

Estrela de Marín en cifras

142 establecementos asociados
Todo o ano campañas e actividades de dinamización
Desde 2006 impulsando o comercio local de Marín
Marín comercio próximo, dinámico e conectado

Xuntos facemos comercio local

A Asociación Centro Comercial Local Estrela de Marín traballa para fortalecer, modernizar e dinamizar o comercio de proximidade do noso municipio.

Desenvolvemos campañas comerciais, actividades de fidelización, formación, servizos para os establecementos asociados e proxectos de transformación dixital, colaborando coas administracións e co tecido económico e social de Marín.

O noso obxectivo é que mercar en Marín siga sendo unha experiencia próxima, cómoda e atractiva.

Mercar en Marín é facer cidade

Cada compra no comercio local contribúe a manter vivo o noso tecido económico, favorece o emprego e axuda a construír un Marín máis dinámico e próximo.

Descubre o comercio de Marín