Tarxeta Cliente Estrela

Publicado el por

Co obxectivo de premiar a fidelidade dos clientes e de incentivar as compras, deseñamos unha tarxeta propia do Centro Comercial Aberto, que entrará en funcionamento este xoves 1 de decembro.

Nesta primeira fase, máis de trinta establecementos asociados participan na iniciativa e repartirán as tarxetas de xeito gratuito entre os clientes”máis fieis”. Estes consumidores, beneficiaranse de vantaxes exclusivas (descontos, promocións especiais…) en todos os establecementos participantes, con tan só mostrar a tarxeta.

A información sobre todas as vantaxes poderá atoparse na web e os establecementos participantes na acción, disporán dunha pegatina identificativa nos seus escaparates.

Ademáis os posuidores da tarxeta, accederán a sorteos específicos ou agasallos que levará a cabo o CCA. Deste xeito, durante a campaña de nadal, os clientes que se acheguen pola sede social cun ticket de compra de calquera establecemneto asociado e amosen a tarxeta cliente Estrela, recibirán unha bolsa reutilizable (limitada as 100 primeiras persoas e unha bolsa por tarxeta).

Consulta aquí os descontos